Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Bandidos Cobardes
Homes armados con rifles atacaron o venres pola noite un internado en Katsina , en Nixeria , provocando a fuxida de centos de nenos que estudaban alí . A policía investiga agora a desaparición duns 400 estudantes e contando con que normalmente son 800 no colexio, é unha cifra moi preocupante . Pouco a pouco , estes regresan á escola , con temor a outra visita destes indeseables.
O presidente o condena coma un ataque de bandidos cobardes contra nenos inocentes .Confirmou ante os medios de comunicación que todos estaban traballando duro para encontrar , primeiro aos nenos e despois , aos culpábeis de semellante acto de violencia .
A motivación destes indeseables , é a recompensa que pedirán mais adiante polo rescate destos nenos, é frecuente no noroeste de Nixeria , como Zamfara , Katsina e Níxer , onde todos os días pasan cousas semellantes .
Estos secuestros diríxense tanto a nenos, bebés , coma a traballadores adultos, todo para garantizarse a propia subsistencia , dunha forma moi pouco xusta , debido ao nivel de pobreza tan grande destas zonas.
Mentres no primeiro mundo a preocupaión mais grande é que non tes o último modelo do Iphone ou esas deportivas que costan 200 euros cada pé , nestos países viven unha loita diaria contra a pobreza e os contínuos abusos doutros países , guerras e fame . Cando a catedral de Notre Dame incendiouse , tardaron horas en xuntar unha cantidade inxente de millóns de euros . Estímase que o Vaticano ten suficiente riqueza en xoias, obras de arte e diñeiro para acabar cos problemas de fame e pobreza no mundo . Con esto quero recalcar a supremacía que existe dunhas persoas cara ós demais e que simplemente , non lles convén nin queren poñerlle fin aos problemas mais graves. Podemos notar o egoísmo puro e pouca empatía destes países , mentres que Nixeria ,Burundi , Mali, etc , morren mentres que os demais enchen os bolsillos á costa destes .

Andrea Suárez Freire
1º BACH B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-12-2020 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0