Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Xunta empezará a vacinar «na segunda semana de xaneiro» a máis de 20.000 usuarios de residencia:

Feijoo prevé aprobar o xoves en Consello o plan de vacinación. Advirte que «non pode asegurar» que se vaian levantar os peches antes de Nadal nas cinco cidades que aínda os teñen.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, espera que «na segunda semana de xaneiro» empece a vacinación contra a covid-19 en Galicia, unha campaña cuxa folla de ruta prevé aprobar na reunión do Consello do próximo xoves, 17 de decembro. Nunha entrevista concedida este domingo á Radio Galega, recollida por Europa Press, o presidente autonómico avanzou que as liñas mestras do plan de vacinación galego serán abordadas polo comité clínico do martes, coa previsión de que as máis de 20.000 persoas que están internas en residencias da terceira idade sexan «as primeiras» en vacinarse.

Aínda que preferiu «esperar uns días» para concretar cantas doses recibirá Galicia, en función das notificadas polo Ministerio de Sanidade, si dixo que «serán suficientes» para os usuarios destes centros. Iso suporía, «como mínimo», unhas 45.000 vacinas -a de Pfizer aplícase en dúas doses- que, no entanto, «non van a ser suficientes» para o resto de maiores de 65 anos.

Ao fío diso, Feijóo insistiu en que Galicia, cun 25 % da poboación maior de 65 anos -en España, a media está en torno ao 20%- necesita «obxectivamente» máis vacúas que outras autonomías «cuhna poboación más nova». «Aínda non temos ese criterio aceptado polo Gobirno central, pero é o criterio que imos a seguir mantendo», dixo.

Iso si, descartou que a súa aplicación vaia a ser obrigatoria, dado que «non hai en España ningún antecedente» nin a Organización Mundial da Saúde (OMS) «o recomenda».

Preguntado sobre se se prevé reforzar a Atención Primaria de cara a esta campaña que empezará en xaneiro, o presidente da Xunta garantiu que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) ten «recursos humanos suficientes».

Non en balde, recoñeceu que aínda que agora hai «1.500 persoas traballando a maoires no Sergas», necesítanse «máis» enfermeiros e hai «dificultades para encontrar persoal porque as listas están practicamente esgotadas».

En calquera caso, lembrou que os orzamentos da Administración galega para o 2021 prevén «500 millóns» reservados para a covid no ámbito sanitario, educativo e social, polo que «todas as necesidades de contratación vanse cumprir». «Absolutamente todas», recalcou.

Noa Varela Varela
2ºB / nº16
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-12-2020 23:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0