Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A gheada e o seseo do Morrazo triunfan en internet
Miles de persoas coñecen xa as peculiaridades da fala no Morrazo. O seu seseo, a sú gheada e as súas expresións autóctonas alcanzaron máis de 80.000 visualizacións en Youtube a través dos vídeos de promoción do comercio local, o equivalente a toda a poboación da comarca.

“Mira, arestoras na prasa só quedan vos ferros, pero andar a aghuadisar, meu Mighel apañou hox uns chinchos”. Esta é unha das frases que pronuncia a actriz Casilda Alfaro na peza con máis éxito da campaña morracense, ante a mirada estupefacta dun foráneo que non sabe realmente o que quere dicir.

Desta maneira e con dous audiovisuais máis, a Mancomunidade do Morrazo e a federación de comerciantes Fecimo puxo en marcha unha iniciativa para promocionar de forma conxunta o comercio local. Fíxoo, ademais, coa firma de actores da zona e GF/Studio. Todo, co obxectivo de remarcar a riqueza propia da comarca e, por conseguinte, dos seus produtos e as súas tendas baixo o hashtag #SonDoMorrazo. A entrega máis vista, por encima das 32.000 visualizacións, foi a protagonizada por Griselda Alfaro -co FARO na man- e o vigués David Carbó -de raíces morracenses-, ambientada na praia de Beluso.

A moañesa Antía Costas e Rita Sixto dan vida ao segundo ‘anuncio', con máis de 26.000 vistas, rodado nos camiños do monte de Broullón, en Moaña. “Podo embarcar aquí contigo?”, así comeza un malentendido cun final curioso. Finalmente, O Salgueirón de Cangas é o escenario do último anuncio, encarnado por Lois Soaxe e Machi Salgado, na que de novo comeza unha conversación sen saída entre ambos os actores. Conta xa con máis de 22.000 visualizacións.

Miguel Arias 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-12-2020 23:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0