Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

«O covid deume unha chea de oportunidades e traballo fixo en Alemaña»
Que non hai mal que por ben non veña é un devandito que pasa varias veces a proba do
algodón no caso de Tamara Yuste, unha educadora infantil da Coruña que, cando estalou a
pandemia, despexou as penas, meteu as ganas de empezar de novo na maleta e non
tardou en atopar o seu sitio, aínda que o seu sitio, polo que conta, non está nun só lugar.
Tamara leva a psicoloxía positiva e a sede de aprender no seu ADN, unha visión da vida
como un gran mapa con accidentes xeográficos, diversos e estimulante. Con 26 anos
empezou a traballar e estudar (é sisi) para cumprir a súa vocación de mestra. Tras ser
libreira, esta amante dos libros, o risco e os nenos lanzouse a poñer en marcha
Lóxica-mente, o seu soño, unha empresa educativa infantil que botou a andar xusto cando a
pandemia parou a España.
Agora está en Alemaña, onde voou desde Irlanda, tras varias cancelacións polo covid.
«Voei a Berlín e de Berlín vinme a Bremen, a dúas horas e media en coche da capital.
Arriba de todo!», sitúa.
As súas fotos en Instagram chaman ao like. «Sentín moi arroupada. Como había maioría
de españois, tiñamos a sensación de estar no mesmo barco, pasando o mesmo: todos
lonxe da súa casa, todos novos. Como todos sentiamos sós fixemos unha piña forte. En
realidade, nunca estabas soa, a xente quedaba contigo, había plan todas as fins de
semana. Eu encaixei moi ben», lembra. En novembro, con mil vivencias novas na maleta,
puido ao fin voar a Berlín. En Alemaña viviu o reencontro coas súas amigas de Sevilla, coas
que se preparou a bolsa para ser educadora infantil con soldo fixo fóra de casa.


Alba Millán Borrajo
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-12-2020 22:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0