Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Novo desprendemento nun arco da praia das Catedrais
Un dos arcos da praia de As Catedrais (Ribadeo) sufriu un novo desprendemento. A caída produciuse no primeiro dos tres arcos situados de maneira consecutiva. O arco no que se ocasionou o desprendemento non produciu ningún dano persoal. O desprendemento é dun bloque de considerables dimensións, con seis metros de ancho por dez de alto.
A praia de Augas Santas (As Catedrais é u nome turístico) está declarada Monumento Natural, recoñecido polas espectaculares formas dos seus cantís e non é a primeira vez que sofre derrubamentos.
En agosto de 2019, en plena tempada turística, tamén se produciu a caída de varias pedras nun dos pasadizos de acceso ás covas sen que ningún dos visitantes sufrise por iso ningunha ferida.
Con todo, na Semana Santa de 2018 unha moza de 25 anos morreu polo impacto que sufriu tras a caída dunha rocha na cabeza cando se atopaba no interior dunha das covas. Este suceso ocasionou que a Xunta de Galicia reforzara a sinalización dos puntos máis “perigosos” do areal. E de feito, estableceuse un control de acceso.
Protección Civil de Ribadeo informou de que estes desprendementos son habituais, sobre todo cando se rexistran días de choiva e cambios de temperatura, polo que avisan de que non é seguro andar polos cantís.

Silvia Martínez Pedrouzo 4 ESO B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-12-2020 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0