Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ourense énchese de luz

O alumeado da cidade céntrase por agora no Casco Vello e centro, mentres que esquece os barrios.
O alumeado de Nadal de Ourense
inaugurouse este venres oficialmente.
Fíxose, sen embargo, dous días despois da
data prevista na documentación do contrato
e ademais a medias, xa que a instalación da
decoración apenas chegou ao Casco Vello
e a rúas da zona do centro da cidade,
quedando polo momento os barrios como os
grandes esquecidos pese á promesa do
alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome, de chegar a máis zonas que nunca, para o que aprobou o presuposto máis elevado da historia, por riba dos 350000 euros.
Pese a todos estes condicionantes e nun acto moi lonxe de imaxes de anos anteriores a consecuencia da pandemia, o gobernante falou dun “acendido mítico”, aproveitando a súa intervención para lanzar unha mensaxe de optimismo de cara aos próximos meses.
Na folla de ruta da empresa elixida para a instalación do alumeado contémplase que toda a cidade estea decorada entre os días 18 e 20 de decembro, polo que os traballos aínda se prolongarán unha semana máis. Segundo informou o Concello, Iluminacións Ximénez desprazou 18 unidades de instalación pese a que as especificacións de contratación fixaban cinco.
Nin sequera eses cambios conseguiron que o goberno de Jácome chegase a tempo a ese esperado alumeado , tampouco ao segundo prazo dado polo gobernante en novembro, pretendendo facer coincidir a activación das luces de Nadal coa reapertura da hostalaría, algo que se produciu hai oito días.
Ana María Cid Borrajo. 4º ESO A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-12-2020 20:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0