Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A UE e o Reino Unido seguirán negociando a súa relación comercial pos-Brexit
A Unión Europea e o Reino Unido han acordado continuar negociando a súa futura relación comercial tras o Brexit, segundo anunciou a presidenta da Comisión Europea, Ursula Von der Leyen, tras unha conversación telefónica co primeiro ministro británico, Boris Johnson.

"Encomendamos aos nosos negociadores que continúen as conversacións e ver se se pode chegar a un acordo, mesmo nesta última etapa", dixo Von der Leyen.

Ambos os mandatarios déronse de prazo ata hoxe para tomar unha decisión sobre o futuro das negociacións e decidir se era xa imposible lograr un acordo antes de fin de ano ou podían seguir tentándoo.

"A pesar do esgotamento despois de case un ano de negociacións, a pesar de que os prazos se han incumprido unha e outra vez, cremos que é responsable, neste momento, facer un esforzo adicional", dixo a xefa do Executivo comunitario.

Von der Leyen asegurou que a conversación telefónica con Johnson foi "construtiva e útil" e que falaron sobre "todos os temas sen resolver".

Lucía Rodrigues
1ºA Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-12-2020 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0