Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

«A desorde que deixas»: a Galicia bonita que conquistou a Netflix
O « thriller» de Carlos Montero, primeira produción da plataforma na comunidade, leva paisaxes da Coruña, Lugo e Ourense a 190 países

Do salitre da Mariña e a praia de Riazor, na Coruña, ás brumas medicinais das termas de Ourense, Galicia é a alma e a paisaxe onde se desenvolve A desorde que deixas, a primeira serie de Netflix gravada integramente na comunidade e que acaba de estrearse en 190 países. Producido por Vaca Films, este thriller de oito episodios está ambientado na localidade ficticia de Novariz, inventada por Carlos Montero, autor da serie e da novela na que está baseada (gañadora do premio Primavera), a imaxe e semellanza da Galicia interior de Celanova, Allariz, Ribadavia, a súa paisaxe natal. «Cando empezamos a localizar queriamos mostrar unha Galicia que non desentoase coa historia; era importante mostrar unha Galicia brillante, luminosa, tratando ao mesmo tempo de que fose moi real -di a produtora Emma Lustres-. Isto xa o fixemos na película O descoñecido, que rodamos na Coruña e a xente dicíanos que parecía Nova York polo ben fotografada que está. Coa desorde que deixas pasa o mesmo».

Candela Rodríguez
1ºA Bach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-12-2020 16:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0