Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O querido médico que acababa de recibir a mellor das noticias
Manuel Calvo Brea, médico de familia, vivía e traballaba no centro de Pontevedra. Pero adoitaba tardar unha hora en chegar da súa casa á consulta. Os seus pacientes parábanlle pola rúa porque sabían que nunca tiña présa para eles. Receitar e dar consellos a pé de beirarrúa era marca da súa casa. Por iso, entre outras moitas cousas, era moi querido en Pontevedra, a cidade á que chegara de moza, procedente de Santiago, para traballar primeiro no ambulatorio Virxe Peregrina. Logo, foi tamén un deses doutores pioneiros que levaron os controis de saúde aos colexios da provincia, alá polos anos oitenta. E traballou despois no Quirónsalud. A medicina era a súa paixón e nada lograra ata o de agora apartalo dela. Nin sequera o cancro, co que batalló duramente.

Fai tres anos, aos 65, Manolo, que é como lle chamaban tamén os seus pacientes, sufriu un cancro. Superouno. E puido seguir como sempre, gozando da súa familia e da paixón de ser médico. Pero durante o confinamento detectáronlle outro tumor. Esta vez, con prognóstico peor. Manolo agarrouse ao seu positivismo. No medio da pandemia, someteuse á quimioterapia e, ao seu termo, todo parecía estar mellor: « Estabamos moi contentos porque se lle reducira moito todo, estaba non mínimo. Non curásese, porque ese cancro non cura, pero as noticias eran boas, as mellores posibles», conta o seu fillo Ismael. A alegría non durou neste 2020 imposible. Manolo ingresou en oncoloxía por unha infección dunha bacteria. Estaba relativamente ben, aínda que coas defensas baixas. Fiel ao seu estilo e ao seu tremendo bo corazón, xa ingresado, sacaba forzas para contestar as mensaxes que lle mandaban os pacientes. Contáballes o do seu cancro. Pero tamén lles receitaba un xarope para unha tose ou uns mocos.


Luís Manuel Carballo Orejarena
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-11-2020 22:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0