
Na actualidade, untivoceira parte dos concellos galegos teñen unha incidencia acumulada (IA) por enriba de 250, e polo menos outros 29 superan os 500 casos por millón de habitantes, o nivel de alerta que chama a tomar medidas estritas para frear a expansión do virus. Nesta listaxe exclúense os que teñen menos de dez casos, porque non se facilita a cifra exacta e non se pode coñecer a incidencia acumulada neses lugares. En total, 54 concellos estiveron libres de covid as últimas dúas semanas, mentres que 10 municipios tiveron de 0 a 50 casos, outros 76 rexistraron entre 50 e 150, e 109 tiveron máis de 250. Nas principais cidades, Vigo, Lugo, Pontevedra e Ferrol superaron a incidencia acumulada de 250; mentres que A Coruña, Ourense e Santiago de Compostela mantivéronse entre 164 e 210 casos por 100.000 habitantes.
Entre os 20 concellos máis grandes de Galicia, Carballo destaca por ser o que ten a cifra máis alta (571), mentres que Ames vai á cola con 116. A lista dos 29 municipios con maior IA encabézaa, curiosamente, Beariz, que cunha poboación de 971 persoas ten unha IA de 1647. Séguenlle Cabana de Bergantiños, Mos, Vilalba, Coristanco e Malpica, todos eles por enriba dos 1.000 casos.
Alejandro Fernández Blanco
2º BACH A |