
Unha lingua non pode existir sen unha comunidade de falantes. E se os
territorios onde habitan eses falantes son obxecto de presión por parte do
mercado inmobiliario, o delicado ecosistema lingüístimo que hai nelas, periga.
"A crise da vivenda rural ameaza o noso futuro", din activistas das linguas
celtas de Escocia, Irlanda, Gales, a illa de Man e Cornualles que se sumaron a
unha petición transfronteiriza sobre a supervivencia destes idioma. Nun
chamamento ás autoridades de cada un destes países, os grupos de defensa
da lingua afirman que as presións do mercado inmobiliario e a ausencia de
políticas públicas acaídas están a poñer en xogo as súas linguas: gaélico
escocés, irlandés, galés, manx.
Carmen Cabrera Dorrío
2º BACH A |