Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Hai que insistir máis en ventilar que en desinfectar

Moitos foron os debates desde o comezo da pandemia arredor do uso de máscara, a magnitude e proporcionalidade das medidas de hixiene ou, de forma máis recente, a forma principal de transmisión do SARS-CoV-2 dunha persoa a outra. Desde o mes de marzo, cando a crise do coronavirus comezou a acadar unha magnitude mundial, xurdiron voces que incidiron na posibilidade de que o virus, en boa parte dos casos, se puidera transmitir a través das pingas máis pequenas que exhalamos ao respirar, chamadas aerosois. Estas partículas poderían provocar, polo seu menor peso (máis tempo de permanencia en suspensión e maior capacidade para percorrer distancias superiores aos dous metros de seguridade), un cambio de paradigma nas medidas de control da pandemia.
¿Cal é a vía máis frecuente?
No referente a desinfección, hai escasa evidencia sobre o contaxio do SARS-CoV-2 por superficies ou fómites (obxectos que unha persoa infectada toca ou sobre o que caen pingas respiratorias, e que pasan a outra persoa mediante o contacto coas mans), que se estableceu como moi relevante ao comezo da pandemia. Neste sentido, e despois de moitos meses de debate, e aínda que a Organización Mundial da Saúde tardou en recoñecer de forma implícita esta posibilidade, as evidencias apuntan en que as partículas máis pequenas poden provocar estas situacións.

A evidencia é crecente sobre a gran importancia dos aerosois, partículas máis pequenas, coas que se pode facer unha analoxía cunha nube de fume nun espazo pechado onde hai persoas fumando, por exemplo. Estas partículas, que na gran maioría dos casos teñen un tamaño suficiente para conter e transportar o virus, están detrás dos eventos ‘supercontaxiadores’, xa que poden ser inhaladas polas persoas para acabar resultando infectadas, ao contrario das pingas máis pesadas, as chamadas ‘balísticas’, que só chegarían ao novo hóspede do virus mediante un impacto directo.
Entón, como protexerse?
En primeiro lugar, a maior perigosidade está nos espazos pechados e mal ventilados. “A gran maioría dos eventos de supercontaxio producíronse en áreas pechadas e con deficiente ventilación. Aínda que se poida producir algunha infección ao aire libre, é moito menos frecuente”. E importante o uso de filtros para renovar o aire en estancias como aulas ou oficinas cunha importante presenza de persoas.
O uso da máscara, é esencial, para protexerse, pero sobre todo para protexer aos demais. “A maioría das máscaras impiden que se propaguen as pingas de maior tamaño, e reducen nun 80% a emisión de aerosois. É posible que algunhas partículas con virus se escapen, pero se a outra persoa tamén está protexida, e as máscaras están ben axustadas en ambos casos, o risco redúcese aínda máis.







Silvia Martínez Pedrouzo 4 ESO B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-11-2020 18:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0