Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os Mossos investigan a malleira a unha moza transexual en Barcelona

A moza, de 19 anos, afirma que foi agredida por varias persoas que lle propinaron puñadas na cara e golpes por todo o corpo

Os Mossos d'Esquadra e a Fiscalía de Delitos de Odio abriron unha investigación por mor da agresión homófoba a unha moza transexual de 19 anos de Barcelona, ocorrida este venres pola tarde e que a propia vítima ha relatado nas redes sociais.
A moza, que denunciou a agresión ante o Observatorio contra a Homofobia de Barcelona, explicou en Instagram que onte pola tarde foi agredida por varias persoas, que lle propinaron puñadas na cara e golpes por todo o corpo mentres a insultaban pola súa condición sexual.
Tras ter coñecemento dos feitos, os Mossos d'Esquadra, coordinados coa Fiscalía de Delitos de Odio de Barcelona, abriron dilixencias para investigar a agresión e identificar os agresores, segundo explicou a policía catalá a través da súa conta de Twitter.
A nova, Eva V., é moi activa nas redes sociais. En Instagram ten máis de 96.000 seguidores e a súa conta recibiu ao redor de 654.000 visitas tras denunciar a agresión, que xerou tamén uns 26.000 comentarios.
Segundo narra a vítima, a agresión tivo lugar onte venres, cando «nada máis saír» da súa casa empezáronlle a gritar «¡puto travelo!» e «¡procreo!» e déronlle dúas puñadas na cara, patadas e golpes polo corpo.
«Son unha moza normal de 19 anos. Son transexual, si, pero é que iso non me fai menos normal, non me fai un procreo, non me fai menos. Teño dereito a saír á rúa, teño dereito a facer coas miñas redes sociais o que eu queira e teño todos os dereitos que tería que ter todo o mundo», di a moza na súa mensaxe nas redes.
A vítima sinala que bastante mal o pasou na súa vida «intentando ser» o que é «como para que veña alguén» a arrebatarllo, e explica que leva dous meses vivindo en Barcelona, onde se mudou «buscando paz» e para gozar de si mesma porque o necesita. «Non a que me humillen, agrídanme e fáganme sentir un monstro», subliña.
«Explicádelle vós á miña nai isto, dicídelle á vosa familia que está a quilómetros que vos deron de hostias por ser transexual. Non me merezo isto. E desde aquí denúncioo publicamente», indica a nova, quen conclúe: «Non máis transfobia, por favor, non quero morrer mañá».
A moza denunciou a agresión ante o Observatorio contra a Homofobia de Cataluña, que condenou «esta brutal agresión» e púxose a disposición da vítima.
Eugeni Rodríguez, presidente do Observatorio, cualificou de «terrible» e «brutal» a malleira á nova, quen nas redes sociais recibiu múltiples mensaxes de apoio, entre eles o do presidente do Parlamente catalán, Roger Torrent, quen defendeu que «ante o odio e a intolerancia, liberdade para ser e vivir cada un como queira».
Dáse a circunstancia de que a agresión tivo lugar o Día da Memoria Trans, que segundo o citado Observatorio «é unha data para o recordo de todas as persoas que foron asasinadas, vexadas ou discriminadas» pola súa transexualidad.

Martín Lage Fernández Nº15 2º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-11-2020 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0