Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

As ovellas da discordia

As rifas entre veciños non son cousa do pasado. Está comprobado que o rozamento non sempre fai o cariño e aos xulgados da provincia de Ourense seguen chegando con frecuencia asuntos relacionados con denuncias de persoas que non levan ben con residentes nas súas mesmas aldeas ou son propietarias de leiras anexas ás súas. E nese escenario de mala convivencia produciuse a mediados de agosto do 2016 un altercado no que se viron involucrados catro residentes nunha aldea da comarca de Verín, sobre o que agora acaba de pronunciarse o xulgado do penal 2 da capital ourensá.
O detonante da disputa foron unhas ovellas. Segundo quedou probado o día dos feitos, ao redor das nove da noite, Amable B. V., José F. P. e Diego F. G., estes últimos pai e fillo, encerelláronse nunha discusión que, recoñece o xuíz, desencadeouse polo paso para o rabaño, e na que tivo moito que ver que «as relacións entre eles ao tempo de ocorrer os feitos eran moi malas». Todo apunta a que, neste caso, chovía sobre mollado. E aínda que admite o togado que as declaracións que tanto os acusados como algunhas das testemuñas citados verteron durante o xuízo por esta causa non se poden cualificar de veraces e imparciais, dá por feito que a acalorada pelexa verbal acabou nunha agresión durante a cal se acometeron mutuamente, sen que teña resultado probado quen golpeou ou agrediu en primeiro lugar».

Andrea Romero 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-11-2020 23:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0