Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un proxecto circense soña con ver renacer a Cidade dos Raparigos
A idea de reactivar a Cidade dos Raparigos leva anos sendo un dos obxectivos prioritarios da Asociación Cultural Pai Silva. A principios do 2019, coa inauguración do museo do circo, situado na rúa Bailén, púñase en marcha un proxecto de recuperación da historia da formación que pretendía evolucionar ata converterse nunha segunda vida para a escola.
Aínda non foi posible pólo en marcha de forma oficial pero o equilibrista Mustafá Danguir está a traballar para conseguilo
canto antes.

El formou parte do Circo dos Raparigos desde 1990 e unha vez que a formación artística ourensá desapareceu, continuou a súa carreira en distintos puntos do planeta. Conseguiu premios de recoñecemento mundial como o Guinness por percorrer en moto sobre un cable de arame unha distancia de 1,5 quilómetros a 150 metros de altura. A súa especialidade é pasar dun rañaceos a outro cruzando sobre unha pequena corda de metal. A última vez que o fixo foi no 2019 en Chile. Desde o mes de xuño, Danguir realiza demostracións en Benposta xunto a outra vintena de artistas que viven na antiga Cidade dos Raparigos.

«Atópome en débeda co pai Silva por ter confiado en min cando era un neno e con esta cidade por ser o lugar onde naceu todo», explica este funambulista marroquí. Quere conseguir encarrilar unha escola profesional circense e, para iso, devolveu o circo a Ourense. «Facemos pequenas mostras do noso traballo, cada un na súa especialidade. Con iso conseguimos un espectáculo orixinal e entretido de case unha hora de duración. É a forma que se nos ocorreu para recadar diñeiro para poder levar a cabo o soño de recuperar a Benposta que nós vivimos fai moitos anos e que merece Ourense», afirma

Paula Vázquez 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-11-2020 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0