Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Rescatados 14 sendeiristas, entre eles seis menores, tras perderse preto do río Verdugo:


A Garda Civil localizounos despois de dúas horas de procura. Os nenos tiveron que ser evacuados realizando unha cadea humana debido ao nerviosismo.
A Garda Civil rescatou este sábado no municipio pontevedrés de Ponte Caldelas a 14 persoas, seis delas menores de idade, que se perderon practicando sendeirismo nas proximidades do río Verdugo. Unha chamada de auxilio recibida ás 18.45 horas no Centro Operativo Complexo (COC) da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra puxo en alerta ás patrullas do Seprona de Cangas e de Seguridade Cidadá da Compañía de Pontevedra, que se desprazaron ao lugar para iniciar os labores de localización e rescate.

Segundo explicou este domingo o instituto armado, estas persoas, que formaban parte de tres familias diferentes de Pontevedra, coincidiron casualmente realizando a ruta coñecida como Carreiro Azul do Río Verdugo. Para localizalas foi necesario percorrer a pé uns cinco quilómetros polas marxes do río, salvando as dificultades do terreo, a climatoloxía adversa e a escuridade danoite .

Finalmente foron localizados dúas horas despois en perfecto estado, a pesar dalgunha caída leve que sufriran. Algún dos sendeiristas estaba moi asustado e especialmente nerviosos os nenos, que tiveron que ser evacuados da zona realizando unha cadea humana.

Desde a Comandancia da Garda Civil faise un chamamento á responsabilidade e lembran o decálogo de seguridade no que se aconsella planificar previamente a actividade, obtendo información fiable sobre a ruta; levar o equipo adecuado para realizar a actividade (material técnico, roupa, calzado, protección solar, comida e auga) e informarse da meteoroloxía na zona.

Noa Varela Varela
2ºB / nº16
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-11-2020 23:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0