Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un brote no Marcide afecta a dez enfermeiras en Ferrol

Un total de dez enfermeiras da sétima planta do hospital Arquitecto Marcide resultaron contaxiadas nun novo brote de coronavirus. Os primeiros casos detectáronse a principios de mes e se han ir sumando outros novos a través do rastreo e a investigación, ata chegar á decena de positivos.

Segundo trasladaron fontes oficiais da área Sanitaria de Ferrol, as profesionais atópanse gardando a corentena correspondente nos seus domicilios e a planta está a funcionar con normalidade. Ese piso era o reservado para a atención de pacientes ingresados por covid-19, aínda que as cifras alcanzadas nas últimas semanas obrigaron a habilitar outras zonas de hospitalización noutras plantas. Segundo os últimos datos oficiais, hai 58 persoas ingresadas, 47 en planta e 11 na unidade de coidados intensivos.

Este brote é o segundo rexistrado en o Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) nas últimas tres semanas, tras coñecerse a finais de outubro outro ocorrido no Hospital Naval, que afectou a seis pacientes e sete membros do persoal sanitario e obrigou a illar a unha vintena de persoas máis.


- Paloma González González, 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-11-2020 23:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0