Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galicia cumple case dúas décadas de protección a súa costa: 18 anos sen mareas negras
Galicia alcanzou a súa maioría de idade na defensa da súa costa. Despois de ter sufrido oito grandes accidentes con importantes derrames de hidrocarburos, a comunidade cumpre hoxe 18 anos sen que se producise unha marea negra, pois a última foi precisamente a do Prestige. No entanto, neste período si houbo algúns sustos marítimos relevantes, do que sen dúbida hai que destacar o embarrancamiento do Blue Star na ría de Ares hai algo menos dun ano. Un buque que só podería provocar unha vertedura máximo de 105 toneladas (o seu combustible de propulsión, nada comparable ás 63.000 que vertió o Prestige) pero que, en calquera caso, demostrou que Galicia e o servizo de salvamento estatal están preparados para xestionar situacións complexas de forma eficiente, como se fixo no 2007 co Ostedijk (un cargueiro con fertilizantes en combustión).

Esta protección tan efectiva en distintos ámbitos da seguridade marítima, na que tamén influíron os cambios normativos a nivel global, ten aínda máis valor se se ten en conta que noutras partes do mundo si houbo mareas negras: unhas dezasete de entidade relevante, segundo os datos do Fidac, o fondo internacional que compensa ás vítimas das verteduras. O que pasa é que a maioría se produciron en Asia, e moi especialmente na contorna do mar de China, nunha zona con alta demanda de hidrocarburos para os países emerxentes desta parte do mundo. No que a España respecta, a regulación hoxe en día é moito máis clara e definida, o que mellorou significativamente a situación.

Miguel Arias 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-11-2020 23:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0