Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

EE.UU. confía en ter dúas vacinas para o covid-19 a finais de ano
Pfizer e Moderna son as dúas únicas activas no país entre as dez experimentais que se atopan xa na fase final de ensaios en todo o mundo
Dúas compañías farmacéuticas estadounidenses esperan solicitar a aprobación de urxencia para as súas vacinas contra o covid-19 a finais de novembro, unha boa noticia para Estados Unidos nun momento en que atravesa un novo repunte de casos, cun total superior aos oito millóns que lle confirman como o país máis afectado pola pandemia no mundo.A empresa Pfizer indicou este venres que espera dar un paso adiante coa súa vacina despois de que estean dispoñibles datos sobre a súa seguridade na terceira semana de novembro, un par de semanas despois das eleccións presidenciais. O anuncio significa que o país podería ter dúas vacinas listas para fin de ano, ao sumarse a da firma de biotecnoloxía Moderna de Massachusetts, que apunta ao 25 de novembro para solicitar a súa autorización. Ata dez vacúas experimentais atópanse na fase final de ensaios en todo o mundo nestes momentos, aínda que estas dúas son as únicas activas actualmente en EE UU.
A noticia tivo impacto positivo nas accións da compañía, que subiron tras o anuncio un 2% na Bolsa de Nova York. Pero os expertos advirten que, incluso cando se aproben as vacinas, pasarán varios meses ata que estean amplamente dispoñibles. En calquera caso, é pouco probable que sexan un bo substituto do uso de máscaras, o distanciamento social e outros comportamentos recomendados para frear a transmisión, dado que ata o momento descoñécese ata que punto serán efectivas e cal poderá ser a duración desa inmunidade adquirida.

María Laforga Pérez 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-10-2020 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0