Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PharmaMar anuncia resultados positivos co seu medicamento contra o covid-19
A plitidepsina, usado no tratamento contra o cancro, demostrou ser eficaz como antiviral no tratamento de pacientes adultos que requiren ingreso hospitalario

A biotecnológica PharmaMar anunciou que o seu ensaio clínico Aplicov-PC, con Aplidin (plitidepsina), para o tratamento de pacientes adultos con covid-19 , que requiren ingreso hospitalario, alcanzou os obxectivos primario de seguridade e secundario de eficacia. En concreto, segundo explicou a compañía, avaliáronse no estudo tres cohortes de pacientes con tres niveles de doses diferentes de plitidepsina, administrados durante tres días consecutivos e a carga viral dos pacientes hase avaliado cuantitativamente e de forma centralizada ao comezo do tratamento e nos días 4, 7, 15 e 30 posteriores.
O estudo demostrou unha notable redución da carga viral nos pacientes entre os días 4 e 7 posteriores ao comezo do tratamento, de forma que a redución media da carga viral a día 7 foi do 50 %, e do 70 % a día 15. Máis do 90 % dos pacientes incluídos no ensaio presentaban ao comezo cargas virales medias ou altas. O 80,7 % dos pacientes foron dados de alta médica o día 15 de hospitalización ou antes, e un 38,2% antes do día 8 (segundo o protocolo, deben estar un mínimo de 7 días ingresados).
Así mesmo, obsérvase, segundo a firma, un paralelismo notable entre a diminución da carga viral, a melloría clínica e a resolución de pneumonía, así como caída de parámetros de inflamación, como a Proteína C-reactiva (PCR). A día 30, na visita clínica programada, ningún dos pacientes tratados con plitidepsina desenvolvera síntomas ou signos derivados da infección por Covid-19.
PharmaMar resaltou que estes resultados confirman tanto a seguridade como a actividade. «A seguridade xa se viu noutros estudos, con aproximadamente 1.300 pacientes oncolóxicos tratados a doses moito máis altas, e a actividade xa se viu en estudos 'in vitro' e 'in vivo' en diferentes laboratorios de prestixio internacional», sinala a firma.
Tras os resultados obtidos neste primeiro grupo de pacientes, co fin de manter o estudo aberto nos hospitais, permitir o acceso ao tratamento a aqueles pacientes que o necesiten, a compañía obtivo da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS) autorización para unha extensión da cohorte de pacientes. Isto, ademais, permitirá obter máis datos sobre o tratamento nesta indicación.
Con estes datos, a compañía iniciará, nos próximos días, conversacións coas axencias reguladoras para definir o próximo estudo de fase III de rexistro de plitidepsina en pacientes con covid-19 que requiren hospitalización. A firma sinalou que os datos completos do estudo publicaranse en próximos congresos científicos e nun artigo nunha revista médica de prestixio.

Martín Lage Fernández 2º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-10-2020 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0