Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Estados Unidos prepárase para unha noite electoral incerta que pode durar días
Estados Unidos achégase a unha das noites electorais máis incertas da súa historia recente. A publicación dos resultados oficiais podería atrasarse varios días, alertan parte dos analistas, debido á importancia que adquiriu o voto por corre ou. O presidente Donald Trump leva semanas sementando a dúbida sobre ese sistema, o que xera inquietude sobre o que ocorrerá o 3 de novembro.
A opción do sufraxio postal expandiuse de forma considerable nestas eleccións, debido á pandemia. Podería chegar a ser a opción escollida por 80 millóns de votantes, o dobre que no 2016 e equivalente á metade da participación esperada polos expertos. O voto por correo tarda máis tempo que o presencial en ser contabilizado. O encargado do reconto debe revisar coidadosamente a información incluída no sobre para avaliar se o remitente está autorizado a votar. Algúns estados permiten que se empecen a contar eses sufraxios antes do día das eleccións, pero outros, entre eles os claves Pensilvania, Wisconsin, e Míchigan, hai importantes restricións con respecto ao reconto adiantado.
Espérase que o voto por correo beneficie ao candidato demócrata, Joe Biden, e é por iso que está pedindo o sufraxio por esa vía. Todo o contrario que Donald Trump, que difunde a teoría dunha fraude no sistema postal sen achegar probas. A maioría de analistas esperan que o votante republicano respecte a chamada de Trump e vote maioritariamente, ou incluso masivamente, nas urnas instaladas nos colexios electorais o 3N.
Iso podería supor que as enquisas a pé de urna e os primeiros compases do reconto desen a vitoria ao actual mandatario, incluso por ampla marxe, que se iría igualando, ou incluso investindo, nas seguintes horas ou días. Existiría, nese caso, a tentación de Trump de declarar un triunfo que podería reverterse co conteo en días sucesivos do voto por correo, xerando unha situación de consecuencias imprevisibles.
Dous de cada tres estadounidenses, segundo unha sondaxe recente, creen que non se coñecerá ao gañador na noite electoral. Un 20% pensa que o reconto podería durar máis dunha semana. Pero outra parte dos analistas creen que o reconto non se atrasará tanto tempo. Polo menos 15 millóns de estadounidenses acudiron xa a votar nos estados que abriron as urnas de xeito anticipado, e moitos deses gobernos estatais si permiten un conteo anticipado. Florida, o swing state clave, onde se enredou a elección no 2010, tamén permite ese sistema e espera publicar os resultados completos poucas horas despois do peche das urnas.

Paula Rey-Stolle González, nº 20

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-10-2020 17:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0