Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ninguén máis grande ca Rafael NADAL
Uns minutos antes de comezar a final da pandemia, o teito retráctil da pista Philippe
Chatrier pechouse pola previsión de choivas. A maxestosa central de Roland Garros ía lucir
como nunca antes facíao nunha final. Unha atmosfera diferente, unhas condicións que a
priori -como as bólas máis pesadas deste ano ou o tempo máis fresco- non beneficiaban ao
xogo de Rafa Nadal.
Dúas horas e media máis tarde, o vendaval de tenis do español tradúcese nun triunfo
incontestable, unha das maiores leccións que se lembran sobre un número uno do mundo
como Novak Djokovic nunha final dun grand slam. Rebéntao por 6-0, 6-2 e 7-5 para gañar
o seu decimotercer título en París. Pero, sobre todo, suma o seu vixésimo grande, co que,
aos seus 34 anos, iguala o récord de Roger Federer, quen con cinco anos máis se recupera
das súas últimas operacións de xeonllo e enfila os últimos meses da súa soberbia
traxectoria.
Non hai nin un fugaz inicio de tenteo entre dous inimigos íntimos. Nadal abre fogo cunha
intensidade descoñecida mesmo no tenista que nunca baixa a garda. Cae o primeiro break
no primeiro xogo, e parece unha inxección de confianza. Pero non hai diferenzas entre os
xogos de servizo e os de resto para o español. Porque se abalanza desde o primeiro golpe
para tomar a iniciativa. Por iso Djokovic sofre unha dos seus peores pesadelos ao servizo:
só gaña o 27% dos puntos co seu primeiro saque nesa manga inicial.
Un rexistro insólito nun xogador de elite, que explica en parte o rosco co que lle castiga
Nadal.


Alba Millán Borrajo
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-10-2020 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0