Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Congreso debaterá unha iniciativa do BNG para nacionalizar Alcoa

O seu portavoz, Néstor Rego, defenderá na Comisión de Industria, Comercio e Turismo que a factoría de San Cibrao (Cervo), volva ao sector público.


Esta vindeira terza feira debaterase na Comisión de Industria, Comercio e Turismo, a través dunha Proposición Non de Lei a intervención pública da factoría de aluminio de Alcoa en San Cibrao (Cervo). Anunciouno este sábado o deputado nacionalista Néstor Rego.


?Atopámonos nun momento decisivo no que a nacionalización é agora, máis que nunca, a única saída para salvar a planta, despois de que a empresa comunicase a parada das cubas, a entrada nun ERE e o despedimento de 415 traballadores e traballadoras?, explica Rego.


Nacionalizar a planta

O BNG leva reclamou desde que se anunciara o peche da factoría reclamando a nacionalización da planta para retornala ao ámbito público, mantendo desta forma os postos de traballo e o futuro económico e social de toda a comarca da Mariña. ?O Goberno español, conxuntamente co Goberno galego, debe pór sobre a mesa a nacionalización de Alcoa para salvar o complexo industrial e os empregos directos de máis de mil traballadores e traballadoras? salientou.


PSOE e PP contrarios

O pasado 11 de setembro, PSOE e PP votaron en contra doutra iniciativa que presentara o BNG no Congreso na que se instaba a apostar pola intervención pública da planta de aluminio no caso de fracasar a negociación con Alcoa para a súa venda. Despois do fracaso das negociacións, Rego explicou que ?nin o marco normativo galego, nin o do Estado español, nin o da Unión Europea impiden a nacionalización de Alcoa; polo tanto, esta solución só necesita da vontade política das Administracións públicas?.


Iago Fuentes Aller
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-10-2020 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0