Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

As autoescolas desinfectan aulas e automóbiles para iniciar a desescalada

O 13 de marzo coa declaración do estado de alarma polo covid-19 pecharon as súas portas e desde entón a incerteza foi constante. As autoescolas ourensás teñen marcado en vermello no seu calendario o luns, 25 de maio. Si Ourense pasa á segunda fase da desescalada confiaban en retomar a actividade, aínda que polo momento o BOE esqueceuse do colectivo e non regula a súa volta á normalidade coas clases teóricas nas aulas e coas prácticas nos coches. Á espera de que as súas demandas se atendan, só poderían abrir para atención ao público, pero non para dar clases. Eles teñen todo preparado coa mirada posta na seguridade dos clientes. A asociación profesional adquiriu material sanitario para a desinfección das aulas e dos coches, baixo as pautas do decreto xeral de transporte público, mentres non exista unha normativa específica. Cun sector mergullado nos ERTE, a resposta dos ourensáns será definitiva para reverter a situación. O presidente da asociación ourensá de autoescolas, Fernando Varela, explica: «En Ourense, nun principio, e se non hai un cambio, os exames renovaranse o día 29. A asociación de autoescolas está a adquirir todo o material necesario e preciso para garantir as condicións mínimas de seguridade. Trátase de produtos para a desinfección tanto de locais como de vehículos, solucións alcohólicas, máscaras e estamos valorando as pantallas». A asociación realizou un gasto inicial para que poidan renovar a actividade as 30 autoescolas que forman parte da entidade, aínda que de momento se descoñece de que xeito farao cada unha. É algo que estará condicionado pola demanda real. «A información que temos agora mesmo é a de ámbito xeral: respectar a distancia social de dous metros». Unha medida que dentro do coche -durante as prácticas ou o exame- será imposible levar a cabo. «De momento estamos a esperar, aínda que seguramente faremos o mesmo que no transporte público e que no privado complementario, no que se permite ir a catro presentas, dous para cada fila de asentos con máscara. De momento ao que nos atemos é a esta normativa, porque estamos nun limbo», explica Fernando Varela. Con todo, si que se sabe que durante o exame só poderán viaxar tres persoas: condutor, profesor e examinador con medidas de protección individual. Algúns clientes das autoescolas seguiron formándose de forma telemática, para non perder nocións durante os dous meses de confinamento. A confederación de autoescolas ofreceu durante este tempo clases online en directo, que seguen abertas, e o resto puxo a disposición dos alumnos plataformas para formarse. Á espera da reapertura, a situación das autoescolas non é fácil e a moitas lles custará seguir adiante: «As perdas, a falta de ingresos... non as calculamos e baixas de momento non houbo. Agora veremos que pasa cando renovemos a actividade». Sobre o regreso dos alumnos esperan que sexa gradual, aínda que son conscientes de que a situación non será igual que antes da pandemia. Xa cambiara nos últimos anos. «A situación económica vai cambiar moito e condicionará que os mozos o vexan como algo prioritario», di Varela. Tamén será determinante o cambio da mobilidade nas zonas urbanas xa que Ourense camiña cara á recuperación das rúas para os peóns ou o cambio cara a outros medios de transporte. Pola súa banda, o xefe provincial de Tráfico, David Llorente non espera que haxa moita demanda para exames durante as primeiras semanas, xa que as autoescolas terán que pórse a punto. Si explica que, seguramente, acudirán á cita aquelas persoas que perderon puntos do carné. Polo que se refire ao resto da actividade da DXT, as oficinas confían en abrir o día 25 para atender as consultas presenciais. Llorente destaca que durante estes dous meses seguiron traballando de forma telemática polo que non quedou ningunha matriculación ou consulta pendente.


Raquel González Castro
Número8
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-05-2020 14:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal