Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

¿Fases de menos dunha semana e sen estado de alarma?


A desescalada podería ser máis breve e máis liviá do esperado, a tenor das palabras do ministro de Sanidade, Salvador Illa, na súa comparecencia de onte e das do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, na conferencia de presidentes autonómicos.

Mentres Sánchez comunicou que si a evolución da pandemia é positiva e si nada se torce, moitas comunidades estarán fóra do estado de alarma ao longo dos próximos días, Illa estudará a posibilidade de que algúns territorios aceleren o seu proceso de desescalada permitindo que avancen de fase antes de que teñan transcorrido dúas semanas naqueles casos en que a situación epidemiolóxica o permita.

Galicia, postúlase para ambos os supostos sen que aínda o Goberno pronunciouse sobre a mobilidade entre concellos lindeiros de provincias distintas por motivos socioeconómicos, nin sobre calquera outro desprazamento interprovincial, salvo as excepcións. Namentres, inicia a fase 2, na que poderá gozar de certos alivios importantes incluso respecto das restricións establecidas para este chanzo nos territorios que van por diante no calendario de desescalada.


- Paloma González González, 1ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-05-2020 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal