Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os hoteis galegos seguirán en ERTE á espera de que cheguen os turistas:
O sector pide un plan para atraer visitantes e axudas polas perdas sufridas.

Entre as 14.00 e as 19.00 horas do sábado, despois de que o presidente Pedro Sánchez lanzase unha chamada aos españois a planificar «desde xa» as vacacións, a procura de hoteis no territorio nacional disparouse un 142 %, segundo datos rexistrados pola axencia de viaxes online española Destinia.

Este «aumento inusual» da demanda, segundo a empresa, confirma que hai ganas de cambiar de aires e de viaxar aínda que non sexa moi lonxe. De entrada, a industria turística acolleu o anuncio como un «balón de osíxeno». Pero o presidente da Confederación Española de Hoteis e Aloxamentos Turísticos (Cehat), Jorge Marichal, advertiu onte de que reactivar o sector non vai ser tan sinxelo, «porque o feito de que poidan vir os turistas non significa que veñan».

A patronal española pide «un plan específico para atraer aos turistas e axudas polas perdas sufridas». É a súa resposta a Sánchez, quen invitou o seu discurso aos establecementos turísticos a prepararse para «renovar a súa actividade en poucos días».

Non hai hóspedes:

¿Están os hoteis galegos preparados para enfrontarse a unha tempada de verán que xa daban por perdida? Aínda que a súa apertura está permitida desde o pasado día 11, sempre cos espazos comúns acoutados, o certo é que a gran maioría seguen acollidos aínda a ERTE parciais ou totais, dado que aínda non existe a posibilidade de viaxar entre provincias e a actividade continúa sendo practicamente nula.

A esta situación súmase a incerteza xerada polos sucesivos anuncios no BOE sobre a prolongación dos ERTE e o temor a sancións. «No último BOE dicir que a partir de que se poida exercer a actividade, as empresas teñen que pagar xa o 40 % da cota da Seguridade Social a todo o persoal, aínda que teñas un ERTE parcial. Iso obríganos a asumir o custo da Seguridade Social xa en maio, porque temos a posibilidade legal de abrir, cando non puidemos ter actividade polas restricións de mobilidade», explica César Ballesteros, presidente da Asociación de Hostaleiros da provincia de Pontevedra.

A realidade é que as empresas hostaleiras aínda non poden abrir os seus negocios ao completo pola baixa demanda e seguirán mantendo a parte dos seus traballadores en ERTE . A propósito desta situación, a portavoz do Executivo, María Jesús Montero, asegurou onte que o Goberno está negociando a posibilidade de prorrogar os expedientes temporais no sector turístico máis aló do 30 de xuño. «Traballamos no diálogo social para debater a posibilidade de prorrogar os ERTE», manifestou en rolda de prensa desde a Moncloa, tras a videoconferencia que o Goberno mantivo cos presidentes autonómicos. No encontro, o xefe do Executivo pediu ás comunidades que potencien o turismo nacional para que «empuxe e tire do carro» de cara á tempada de verán.

Pola súa banda a Alianza para a Excelencia Turística (Exceltur) cre que é «moi positivo» que o turismo internacional se poida reactivar en xullo. O seu vicepresidente executivo, José Luis Zoreda, estima nuns 92.000 millóns de euros as perdas pola inactividade do sector, e considera que, «coa volta do turismo internacional en xullo, estas perdas poderían reducirse nuns 20.000 millóns de euros».

Noa Varela Varela
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 25-05-2020 14:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal