Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Consellos para continuar camiño.
QueridXs amigXs.
A semana pasada despedinme de todos vos ata máis ver, pero xa vedes que non foi suficiente e que hoxe volvo estar aquí. Está visto que non se poden botar campás a voar!
Como penso, e vou ser previsora, que esta será a última vez que escriba para este blog, dándose a circunstancia de que no día de onte rematei segundo curso de bacharelato e unha nova etapa se abre diante de min, vou poñer por escrito aqueles consellos que ao longo da miña vida me teñen ofrecido e que por repetitivos que parezan, nunca están de máis. Espero que se alguén está a ler esta sección, poida sacar algo en limpo deles:
- Busca a felicidade, non importa o que o mundo che ofreza senón o que ti poidas ofrecer, porque todo o que se dá regresa e á fin, soamente terá valor o que fixeches polos demais. Ser útil é mellor que ser importante.
- Nunca te queixes, a vida non é doada; camiño sen pedra no é camiño.
- Non te compares con ninguén, mídete contigo mesmo; é o único modo seguro de progresar. Busca a amizade e goza cos amigos sen pedir nada a cambio, con todos os seus defectos, ou correrás o risco de quedarte só porque o ser perfecto non existe.
- Acepta os teus erros e os erros alleos non uses para xustificar os propios. Pide desculpas e corríxete. A humildade é unha virtude marabillosa. Non mintas, a mentira ten as patas moi curtas. Co tempo aprenderás que os atallos soamente alongan o camiño.
- Nada nesta vida é de balde. Todo o terás que gañar co teu esforzo e sacrificio. O doado non existe. Aínda que, “Deus ao vago dálle sorte e ao traballador, traballo”. Ninguén dixo que esta vida fose doada.
- Non ofendas; aprende a dominar a túa ira. “O golpe fai máis dano ao que o dá que ao que o recibe”. Estira a man soamente para axudar.
- Acostúmate a escoitar e ogallá chegues moi lonxe e moi alto. Pero recorda que non serás mellor, nin saberás máis, por mais alto que dende arriba mires.
“Por último, só me queda despedirme dese/a mestre/a que da man, afectuosa, que coa súa ensinanza e exemplo, deron pulo ás miñas aspiracións lonxanas, daquelas, pero agora cada vez máis pretas. O teu esforzo, traballo e dedicación continuarán alá onde o tempo e as circunstancias me leven e, a pesar do paso do tempo serei, a túa alumna sempre agradecida”. Clara.



Clara María Domínguez Iglesias
2º de Bacharelato

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-05-2020 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal