Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Love Will Tear Us Apart
O cemiterio Macclesfield, a uns 40 minutos do sur de Manchester, é o principal lugar de peregrinación para os afeccionados ao grupo musical Joy Division. Alí, atópase a tumba de Ian Curtis, o seu histórico cantante e líder, que só exhibe unha lápida coa data da súa morte, o 18 de maio de 1980, e o título da canción máis popular do grupo, Love Will Tear Us Apart. Paradóxicamente, foi precisamente Deborah Woodruff, a súa muller, quen elixiu esa frase, representaba moi ben as intencións e sentimentos do cantante.

Woodruff coñeceuno a mediados dos anos 70, cando ningún dos dous tiña 20 anos. Nun primeiro momento, Curtis era un tipo normal. Máis o seu caracter comezou a cambiar despois do matrimonio, en 1975, e sobre todo desde a súa entrada no mundo da industria musical como cantante de Joy Division. O éxito de crítica que a banda conseguiu co álbum Unknown Pleasures levantou expectativas e cargou de presión en Curtis. "Non importaba como se sentía, porque para o espectador era un monicreque na industria musical", di Woodruff.

Na dinámica do grupo, Curtis non compuña a música, pero entendía onde estaba a melodía e acompañábaa ata unha forma más definida. Cando esta maduraba, poñíalle letra. Non obstante, sempre sostivo que as súas letras estaban abertas a calquera tipo de interpretación, polo que ninguén se preocupou de que un sinal de alarma se escondera detrás de Love Will Tear Us Apart, a pesar do significado claro das palabras.

O maior éxito comercial de Joy Division sorprendeu coa súa melodía pop popular, en contraste co escuro e deprimente escenario que caracteriza ás outras cancións. Máis como se dunha maza envelendada se tratase, Ian estaba a advertir do seu tráxico final.

P.D: Despídome coa recomendación musical; Love Will Tear Us Apart da miña colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística. Ata sempre, todo un pracer. Lucía.



Lucía Nieto Cancho
2º de Bacharelato/nº20

https://youtu.be/674KGKRQBPE
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-05-2020 21:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal