Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Paz Padilla deféndese tras as súas polémicas declaracións sobre a morte de Álex Lequio
Paz Padilla escribiu unha mensaxe nas súas redes sociais para defenderse tras o aluvión de críticas recibidas polos comentarios que fixo sobre a morte de Álex Lequio en ‘Sálvame’, falecido aos 27 anos como consecuencia dun cancro o pasado 13 de maio. No seu escrito, publicado na súa conta de Instagram, a humorista e presentadora de Telecinco expón abertamente as súas intencións ao falar do falecemento do fillo de Ana Obregón e Alessandro Lequio.
As declaracións de Paz que fixeron arder as redes sociais pronunciounas a gaditana o pasado 15 de maio. O programa de Telecinco mostraba á audiencia as imaxes da presentadora e o italiano tras despedir ao seu fillo no tanatorio Sancho de Ávila, situado no distrito de San Martín de Barcelona, onde foi trasladado o féretro despois de que perdese a vida. A gaditana aseguraba que Alessandro e Ana «levaban dous anos preparándose para a súa morte». Así mesmo, manifestaba a súa pena manifestando asegurando que «a morte forma parte da vida» e explicando que ela tamén pasara « por algo parecido», xa que Dores Díaz, a súa nai, morría o pasado febreiro.
As palabras de Paz Padilla non tardaron en converterse en ‘tema de tendencia’. Numerosos usuarios de Twitter criticárona de maneira feroz por comparar a morte dun mozo de 27 anos coa da súa nai, de 91, ou por expresar que os seus pais levaban dous anos «preparándose para a súa morte» cando, para moitos, «levaban dous anos loitando, que non é o mesmo».
O certo é que as declaracións de Paz non só incendiaron as redes. Tamén levantaron bochas entre compañeiros da profesión. Joaquín Prat, compañeiro de Alessandro Lequio en ‘O programa de Ana Rosa’, tamén de Telecinco, lanzáballe unha pulla en directo durante a emisión do magacín. «Pouco máis se pode engadir. Hai veces que é mellor que para dicir unha bobada é mellor non dicir nada. Ana todo teu», dicía. O xornalista nin sequera chegou a pronunciar o nome de Paz, pero o seu zasca ocupou todos os titulares da xornada.
Ana Rosa Quintana, pola súa banda, manifestaba: «As imaxes parécenme desgarradoras porque a dor que están a sufrir estes pais é absolutamente insufrible, como pode entender calquera persoa, porque realmente un está preparado e doe moito perder aos teus maiores, pero nunca estás preparado para perder un fillo«.



Marta Rodríguez Conde
2º de Bacharelato

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-05-2020 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal