Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un ascensor con pedais nun centro comercial de Tailandia para evitar contagios
Os pedais substitúen aos botóns de chamada do ascensor e dos diferentes pisos para así evitar contactos e contagios por coronavirus. Os usuarios están "encantados" coa idea

Unha liña de pedais substitúe aos tradicionais botóns nos ascensores dun centro comercial do norte de Bangkok co obxectivo de evitar a propagación do coronavirus entre os usuarios.
Este dispositivo piloto, que se gañou os encomios dos clientes pola súa sinxeleza, é unha das medidas de seguridade sanitaria promovidas polo centro comercial Seacon Square tras a reapertura o pasado domingo dos grandes almacéns.

Con dous pedais situados no corredor, os usuarios poden chamar ao ascensor para subir ou baixar. Unha vez dentro, os clientes atópanse cunha fila de sete pedais correspondentes aos pisos do centro comercial e o aparcamento e outros dous para manter as portas abertas ou pechalas.No interior do ascensor, no que se limitou a súa capacidade a seis persoas, tamén hai unha serie de adhesivos no chan que lembran ao usuario as distancias de seguridade entre os viaxeiros.

Tailandia, que confirmou 3.037 infectados co virus, incluídos 56 decesos, atópase na segunda fase de relaxación de medidas a raíz do descenso do número de novos contagios.

Para entrar nos centros comerciais, moi populares no país como lugar de esparexemento e para evitar as tórridas temperaturas do exterior, é necesario superar un control de temperatura e encher unha serie de formularios.

As autoridades tailandesas tamén promocionan unha aplicación móbil chamada Thai Chana ("Tailandia gaña", en tailandés) que permite rastrexar e rexistrar o número de clientes nos centros comerciais.
Ademais os propios establecementos tamén adoptaron medidas de seguridade sanitarias como limitar o aforo, colocar xeles desinfectantes para as mans ou biombos nos restaurantes para dividir aos clientes.
As máscaras non son obrigatorias na rúa, aínda que si en lugares como o transporte público, parques, supermercados e centros comerciais e case toda a poboación utilízaas ao saír de casa.



Susana Velasco Martínez
2º de Bacharelato


Categoría Xeral - Publicado o 24-05-2020 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal