Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Deputación de Ourense organiza un campamento para fillos de familias afectadas polo coronavirus
O programa «Montaña de solidariedade», de carácter gratuíto, desenvolverase en Manzaneda
A Deputación de Ourense organizará un campamento de verán para 100 nenos. Desenvolverase en Manzaneda e o proxecto «Montaña de solidariad» está dirixido a fillos de familias que se viron afectadas pola crise do coronavirus. En colaboración con Meisa ofreceranse dúas quendas: do 18 ao 25 de xullo e do 25 de xullo ao 1 de agosto e o obxectivo dos mesmos é porporcionar unhas vacacións de verán, de forma totalmente gratuíta, aos fillos das familias que se viron afectadas pola crise do covid 19. A iniciativa «Montaña de solidariedade» está dirixida a nenos pertencentes a familias beneficiarias «das axudas do programa ComerciOU da Deputación de Ourense para persoas vulnerables pola crise do COVID-19. A inscrición no programa realizarase por orde de rexistro de solicitudes, para o que se habilitará un espazo na web: www.depourense.es ou ben poderá facerse de maneira presencial no rexistro xeral da Deputación de Ourense, unha vez fáganse públicas as bases, ata cubrir o total das 100 prazas ofertadas». Ao longo desas dúas semanas -as da segunda quincena de xullo- os participantes contarán coa supervisión permanente de monitores titulados na estación de montaña de Manzaneda, onde realizarán actividades deportivas, de lecer e natureza, contando entre as súas instalacións cun pavillón polideportivo de máis de 1.000 metros cadrados, piscina, rocódromo, pistas de tenis, campo de fútbol, circuíto de karts, roteiros de sendeirismo e parque multiaventura. Nas máis de 2.000 hectáreas coas que conta o espazo natural da estación de Manzaneda, os nenos poderán realizar, entre outras actividades paseos dacabalo, tiro con arco, tirolesa, xogos de grupo e experiencias de turismo activo, segundo indícase desde o organismo provincial.

Valeria Labandeira Reimondez
4 ESO B

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 24-05-2020 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal