Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

COCIÑAR ESTÁ DE MODA
Desde que empezou o período de confinamento polo COVID-19 cociñar púxose de moda. A dispoñibilidade de tempo levou a moitas persoas que habitualmente comían fóra ou comían precociñados a atreverse coa cociña . E a verdade é que cociñar foi para moitas delas unha vía para relaxarse e esquecerse durante un intre da pandemia que azouta a toda a poboación de todo o mundo.
É verdade, que nos últimos anos os diferentes medios de comunicación dedican á arte de cociñar diferentes seccións, que engancharon a moitos seguidores de todas as idades. Ademais na internet é tamén unha tendencia, son numerosos os canais gastronómicos e as publicacións dos famosos ou dos youtubers que colgan sen parar as súas experiencias como “chefs” para que os seus seguidores coñezan esta faceta descoñecida para moitos dos seus seguidores.

Pero tamén hai que dicir, que ademais de que o confinamento impulsase a moitos a probar a súa faceta de cociñeiros; nos últimos anos cociñar xa estaba de moda, porque a xente estaba farta de comer mal, déronse conta de que cociñar na casa sae máis económico , de que o aroma do guiso que nos facía a nosa nai ou a nosa avoa é inesquecible e queremos volver saborear eses pratos cheos de sabor. Ademais sentir a satisfacción de comer algo feito coas nosas mans e usando produtos naturais, é enorme e á xente faille feliz.
Así que todos aqueles que necesiten unha terapia antiestrés, deberían tentar probar coa cociña , pois é algo que está ao alcance de todos e só é necesario querer aprender e tentalo.



Jaime Eiriz Castro
2º de Bacharelato



Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-05-2020 09:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal