Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

As máscaras serán obrigatorias en espazos públicos

A medida foi solicitada de xeito unánime na reunión de presidentes autonómicos e será regulada mediante unha orde que se publicará nos próximos días.


As máscaras serán obrigatorias en espazos públicos. O Ministerio de Sanidade regulará nos próximos días esta medida, que anunciou este domingo a ministra de Facenda e portavoz do Goberno María Jesús Montero. A medida, segundo subliñou, foi solicitada de xeito unánime polos presidentes das comunidades autónomas na reunión semanal que manteñen con Pedro Sánchez. O Ministerio xa a estaba estudando e publicará a orde nos próximos días. De todos os xeitos, o ministro de Sanidade, Salvador Illa non quixo dar detalles concretos sobre esta medida ata que a orde estea pechada. Ata o momento, as máscaras só eran obrigatorias para aquelas presentas usuarias do transporte público, e as recomendacións foron modificándose a medida que avanzaba a crise sanitaria. A principios de marzo, Salvador Illa dicía que «polo menos en España non fai falta usar máscara pola rúa». O 8 de abril recordaba que ningún páis de Europa facía obrigatorio o uso de máscara, salvo na rexión de Lombardía. Dous días despois, falaba de que se recomendaba un «uso complementario de máscara», especialmente nos traxectos cara ao posto de traballo. O 10 de maio, as máscaras eran obrigatorias xa no transporte público e recomendables cando non se pode gardar a distancia de seguridade.


Juan García Ocampo
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-05-2020 00:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal