Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Orgullosa de España desde o París das rúas baleiras

A artista Niki da Isla pasou o confinamento no seu barco a tres quilómetros de París e, a pesar da incredulidade inicial, di que foi feliz.


Son Niki da Isla, unha artista da Illa de Arousa. Vivo nun barco na illa de Saint-Denis, a tres quilómetros de París, así que se pode dicir que son tres veces de insular. Non teño tele, e ao principio non entendi o que era a codiv-19. Empeza o barullo. Primeiro foi no WhatsApp da escola de vela tradicional da Illa de Arousa: din que pechan todo na Arousa. E eu sen entender. Por que pechar todo? Hai coronavirus na Illa Por que flipar se é unha gripe? Pero ninguén contesta.
Teño un taller nun inmoble cheo de artistas. Cando me decato que hai que pechar todo, ao principio non mo creo, penso que é unha broma. E digo: «Feixe esa broma a outra persoa, comigo non coa». «Que non é unha broma, que é verdade, que todo vai pechar, que haberá que quedarse na casa a partir de mañá ás doce, que o dixo o primeiro ministro». Eu convencida: « Jajajajaja, eu non me vou a tragar que hoxe en día un ministro poida obrigar unha empresa privada a pechar, coma se iso fose posible nunha democracia». « Ai, Niki, que desilusión vas levar cando te decates que non é broma». Pois desilusión non, indignación. Tardei tres dias, por suposto preguntando aos meus amigos de confianza. Un explicoume que o confinamento é só para evitar demasiada xente nos hospitais, para frear os contagios, que se nos quedamos na casa é para axudar á sanidade. Pobre sanidade, a que recortan desde hai anos.


Alejandro Fernández Blanco
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-05-2020 00:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal