Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A metade dos españois dá por perdido o verán e non viaxará por turismo
A metade dos españois non espera realizar ningún tipo de viaxe turística durante o verán, independentemente da fase de desescalada na que se atopen, segundo as conclusións dun estudo elaborado por EY- Parthenon e publicado este domingo.

De acordo aos datos agregados do informe, o 50% dos enquisados asegurou que pola situación da Covid-19 non cre que se "vaian a dar as condicións" para realizar algún tipo de viaxe este verán. A segunda opción máis popular, cun 19%, é que se realizará turismo interior por España de acordo ao planeado previamente, mentres que un 8% adicional tiña pensado ir ao estranxeiro, pero agora limitarase a viaxar en España.

Dos 2.106 enquisados pola consultora, un 10% indicou que fará turismo interior pero que elixirá destinos menos masificados, dado o risco de contaxio. Por último, ata un 9% dos españois mantén o seu plans turísticos e, se pode, realizará viaxes ao estranxeiro.

Por comunidades autónomas, a máis propensa a non realizar ningún tipo de viaxe turística este verán, independente das condicións, é Galicia, cun 56% dos enquisados. No extremo oposto atópanse Madrid e Castela-A Mancha, onde un 43% dos enquisados asegura que quedará na súa provincia entre xuño e setembro.


Luis Manuel Fernández Carrasco
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-05-2020 00:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal