Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O Son do Camiño, Resurrection, Zas, Sinsal e Portamérica, adiados |
|
O Son do Camiño, o Resurection Fest e o Festival Portamérica, tres das citas
que congregan máis persoas na Galiza, así como o Festival da Carballeira de
Zas e o Sinsal, comunicaron onte a súa decisión de suspenderen as edicións
de 2020 e adiar en eventos até o verán de 2021.
A decisión prodúcese tras semanas de incerteza para as persoas que
mercaran billetes, a raíz das limitacións creadas polo estado de alarma e a falta
de "instrucións concretas por parte do Goberno estatal" sobre a posibilidade de
realizar este tipo de eventos multitudinarios. A través das súas redes, O Son do
Camiño confirmou o aprazamento da terceira edición, que transcorrería entre
os días 18 e 20 de xuño no Monte do Gozo (Compostela). Considerando o plan
de desconfinamento, a organización argumenta que non sería posíbel realizar
un evento coma este antes do 22 de xuño, polo que decidiron cancelar as
datas deste ano. Coa vista posta xa en 2021, traballan na "reprogramación" do
cartaz, axendado para 17, 18 e 19 de xuño de 2021. As persoas con entrada
poderán devolvela ou conservala.
O Resurection Fest (Viveiro) tamén comunicou onte o aprazamento do XV
aniversario do festival para 2021. "Consideramos que é a única decisión
posíbel, a única acertada e correcta, e que prioriza a saúde", declaran. As
novas datas estarán entre 30 de xuño e 3 de xullo do vindeiro ano. Na mesma
liña, o Portamérica, previsto de 2 a 4 de xullo en Caldas de Reis ficará adiado
aos primeiros días dese mesmo mes en 2021. Tanto este como o Resurrection
ofrecen a posibilidade de devolver os billetes ou conservalos, coa confirmación
da maior parte das artistas.
Ricardo Tornero Belloso
1º BACH A |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|