Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Repaso ao sexismo na industria musical
"É moi difícil para unha familia marroquí aceptar que a súa filla se dedique á música ou que o seu fillo case cunha cantante. As que somos músicas só podemos coñecer a homes da profesión ", dí a cantante de jazz Oum.

O encontro sobre o papel da muller na industria musical tivo lugar en territorio africano, máis precisamente na sede do Instituto Cervantes en Rabat, durante a sexta edición do Festival Visa for Music. Unha decena de mulleres, entre artistas e operadoras culturais, na súa maioría africanas, integraron un debate de sala completa sobre o papel que se espera dunha moza que canta, toca percusión, e quere ser directora ou organizar concertos.

"A industria musical está dominada desde hai moito tempo polos homes", afirmou Oum con contundencia, "xa que hai un setenta por cento de homes fronte a un trinta de mulleres, un desequilibrio que en Marrocos é seguramente maior". Segundo a cantante que fusionou a música popular do seu país cos ritmos do jazz e do pop, esta desigualdade débese a tres razóns principais: "O primeiro ten que ver cunha sociedade moi conservadora na que as mulleres son definidas polo seu papel na familia e como muller. O segundo, que no ámbito educativo non hai nin vontade nin políticas públicas para que a música estea presente en todos os niveis de educación, nin un recoñecemento dos oficios da música na educación superior. E, finalmente, unha desigualdade estrutural, porque as mulleres están ao final desa cadea creativa, sempre precisamos que os homes nos graven, nos acompañen, compoñan para nós, e nos produzan; polo que acabamos sendo intérpretes, apenas, unha voz ”.

A difícil profesionalización da muller na música contemporánea convive, paradoxalmente, segundo Oum, co fenómeno dos espectáculos de talento que proliferaron na televisión mundial nos últimos anos e que, sen embargo, como ela intue, teñen máis que ver coa sedución de converterse nunha estrela que con "unha verdadeira preocupación para unha carreira artística". Esta industria necesita mulleres, por moitas razóns, pero sobre todo porque a escena musical reproduce unha representación masculina, machista, e deixámola pasar. Necesitamos varias xeracións para que a mentalidade cambie, pero a mentalidade cambia.

A conclusión é que ningunha situación é irreversible. Por suposto, "tomar conciencia e prácticar, porque as mulleres tamén somos responsables da nosa imaxe e da nosa identidade artística. Non nos cederemos o espazo, temos que ir ocupalo ”.



Lucía Nieto Cancho
2º de Bacharelato/nº20

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-05-2020 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal