Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ayuso sostén que a «d» de covid-19 é por decembro, non por « disease»
A presidenta da Comunidade de Madrid defende que o nome do virus alude a que en decembro xa «estaba a campar ás súas anchas por todas partes»

A presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, protagoniza este luns unha nova polémica ao defender unha curiosa teoría sobre a orixe e a etimoloxía do nome da pandemia. O termo covid-19 naceu do acrónimo en inglés derivado de coronavirus disease (enfermidade de coronavirus) e en febreiro pasado foi adoptado como nome estándar pola Organización Mundial da Saúde (OMS). Con todo, esta mañá, durante unha entrevista con Onda Cero, Díaz Ayuso sostivo que a «d» do termo non provén de disease senón de decembro. «Teño claro que este virus chámase covid-19, coronavirus decembro 2019, porque estaba desde decembro campando ás súas anchas por todas partes», subliñou a presidenta da Comunidade de Madrid.


En febreiro, a OMS decidiu usar un nome que «poida pronunciarse e non aluda a unha localización xeográfica específica, un animal ou un grupo de persoas» para evitar estigmatizaciones, destacou nesa data o director xeral da OMS, Tedros Adhanom Ghebreyesus.



Susana Velasco Martínez
2º de Bacharelato


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-05-2020 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal