Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

As franxas horarias rexen para pasear, pero non para ir de cañas

A partir de mañá poder ir a untivoraza a tomar algo no horario que estea aberta, pero haberá que seguir respectando as franxas establecidas para saír a pasear, para que os nenos xoguen na rúa ou para facer deporte. Esas limitacións non se modifican máis que no sentido de adaptalas ás circunstancias climatolóxicas de cada territorio. Aínda que aparentemente poida parecer contraditorio, o Goberno xustifica o modelo porque está pensado, fundamentalmente, para evitar aglomeracións nos espazos públicos e que teñan que compartilo, por exemplo, os menores de 14 anos coas persoas maiores, que forman parte da poboación de risco. De feito, nunca existiron as franxas horarias para outro tipo de actividades, como ir ao supermercado, á farmacia ou a comprar o xornal. As franxas horarias seguen rexendo para o mesmo que o facían ata agora, que é para saír a pasear e a facer deporte. Sempre que se resida en núcleos de máis de 5.000 habitantes —nos pobos pequenos e aldeas non hai estas limitacións— os maiores de 14 anos e menores de 70 poden pasear e facer deporte de 06.00 a 10.00 e de 20.00 a 23.00 horas. Os nenos poden saír á rúa co seu propio xoguete de 12.00 a 19.00, un máximo de tres nenos con cada proxenitor ou adulto a cargo. Os maiores de 70 anos e as persoas dependentes, acompañadas por un coidador, teñen reservadas as franxas de 10.00 a 12.00 e de 19.00 a 20.00 horas.


Juan García Ocampo
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-05-2020 00:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal