Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

AJA lembrará o día 10 de maio a primeira audición de "Grândola, vila morena" en Compostela
Para conmemorar o concerto celebrado o día 10 de maio de 1972 no
Burgo das Nacións, en Compostela, onde se di que José Afonso
interpretou por vez primeira a canción de Grândola, vila morena, que
depois serviu de sinal para a Revoluçom dos Crâvos en abril de 1974, a
Associaçã​o José Afonso manterá unha conversa co Francisco Fanhais,
presidente da AJA e amigo de José Afonso.
A actividade terá lugar o domingo 19 de maio ás 19 horas (18 horas en
Portugal) e poderá seguirse na canle de Youtube da AJA Galiza. Francisco
Fanhais naceu en 1941 en Praia do Ribatejo (Portugal) e é foi unha das
persoas activistas contra a ditadura en Portugal a través da música e das
letras comprometidas.
Esta oposición ao réxime salazarista provocou que tivese que marchar a
Francia en 1971, cando se fai militante de Luar. Alí comparte vivencias con
José Afonso, que iría a París a gravar o disco Cantigas de maio, das que
falará nesta entrevista-debate, ademais das súas visitas a Galiza tamén na
clandestinidade.


Ricardo Tornero Belloso
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-05-2020 00:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal