Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Alemaña teme que se disparen os contagios case tres semanas despois do inicio da desescalada

O alivio das restricións da vida pública é un camiño tortuoso e non exento de perigos. O medo en Alemaña a unha recaída na propagación de contagios de covid-19 avivouse este domingo tras superar a taxa de reprodución do virus a barreira do 1, considerada polas autoridades políticas e sanitarias o límite para evitar a propagación exponencial da enfermidade. O instituto oficial Robert Koch cifrou en 1,1 a taxa que mide a media de contagios dos que é responsable unha soa persoa, case tres semanas despois de que comezase a desescalada en Alemaña coa apertura dos comercios. Mentres, nas rúas pálpase unha crecente relaxación cidadá.

Nos próximos días poderase saber se o 1,1 trátase dunha subida puntual ou de se se consolida o incremento, nun país que ata o de agora logrou reducir significativamente o número de contagios e onde o número de persoas curadas supera con fartura a diario o de novos casos. O Robert Koch advirte no seu informe diario que a taxa de reprodución trátase só de “unha estimación” e que “é demasiado pronto para inferir se o número de novas infeccións continuará decrecendo como nas pasadas semanas ou se crecerá de novo”.

Alemaña é o sétimo país do mundo con máis casos rexistrados, segundo as cifras da universidade Johns Hopkins. O número total de positivos en Alemaña elévase a 169.218, deles 667 desde o sábado. Delas, 144.400 xa se curaron. A cifra de mortos ascende a 7.395; 26 máis que o día anterior.


Luis Manuel Fernández Carrasco
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-05-2020 00:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal