Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O cardeal Cañizares abre a basílica de Valencia e 200 persoas sáltanse o confinamento obviando a distancia social

A polémica céntrase este domingo en Valencia, onde o cardeal arcebispo,
Antonio Cañizares, foi acusado de incumprir o estado de alarma abrindo a
basílica da cidade. Así o defendeu o concelleiro que xestiona a Policía
Local da cidade, Aarón Cano, que, tal e como recolle o periódico Levante,
cualificou como unha irresponsabilidade a decisión de abrir o templo aos
fieis.
Segundo informa este medio, a basílica abriu as súas portas ás 11.30 horas
con motivo do Día da Mare De Deú dels Desemparats, a festa da Virxe
dos Desamparados, que cada ano reúne a miles de persoas. A noticia
correu por toda a cidade, o que provocou que unhas 200 persoas acudisen
ao lugar para ver a imaxe da virxe, chegando a sentar nos asentos e
supostamente a non gardar a distancia de seguridade, tal e como
asegurou o diario Levante. A Policía Local tamén acudiu ao lugar para
tratar de evitar que a situación se descontrolara aínda máis.
Segundo apuntan as mesmas fontes, a Policía Local de Valencia traballa
nun informe que se enviará á Delegación do Goberno para que valore o
ocorrido. O concelleiro valenciano ha asegurado que se trata de acción
moi grave, e que se fixo con premeditación e aleivosía. O arcebispado de
Valencia asegurou que «Non houbo aglomeración porque había dúas
patrullas policiais e non actuaron para disolver a ningún grupo». Sobre o
estado de alarma, engadiu que: «Esta arquidiocese aplicouna máis a
machada que ninguén».


Pedro Fernández Carrasco
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-05-2020 00:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal