Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os Maios e a Nai
Boas tardes amigXs
Coma sempre a última hora, non teño nin idea sobre que falarvos. Xa estou aburrida de tanto coronavirus, pandemias e crises e ...
Pois nada! Vou falar dos maios, que xa pasaron, e do día da Nai que, aínda que non gardan relación directa si é verdade que poderían perfectamente estar vinculados posto que a natureza é vida e vida é precisamente o que unha nai da.
Aquí en Ourense, os maios son unha fermosa tradición que este ano pasou inadvertida pola situación que estamos a vivir e da que, veremos, se aínda saimos porque algúns se pensan que isto xa está. E nada máis lonxe da realidade; agora é cando realmente se vai ver se estamos ou non preparados para asumir os riscos que leva consigo saír á rúa e ser responsable socialmente por nós e polos que nos rodean.
Pois ben, direivos que Os maios é unha fermosa tradición moi arraigada na capital e na provincia da que sobradamente teredes escoitar falar e outros anos poderiades contemplar en directo na rúa do Paseo, se tivestes esa sorte e gañas claro está. Os maios celébranse en Ourense cada ano, o día 3, día da Santa Cruz, que na tradición cristiá representa a árbore da vida, da saúde e da resurrección. É unha festa de exaltación da natureza, de aí que as figuras que se realizan para exhibir estean inspiradas na mesma e engalanadas con flores, froitos, follas de árbores, xestas, toxos…
A outra festa que se celebra o día 3 de maio é o día da Nai. A orixe desta celebración non está clara, pero na tradición cristiá e nos países católicos, celébrase o primeiro domingo do mes de maio, porque maio é o mes das flores, o renacer da natureza, da vida, o mes da Virxe. Que saibades que, inicialmente, no cristianismo festexouse como o “día da fecundidade” coincidindo co día 8 de decembro, día da Inmaculada Concepción. Así establecido polo papa Pío IX en 1854.
Direivos que persoalmente considero que un día ao ano non basta para agradecer ás nosas nais todo o que fan por nós. Ser nai hoxe en día é unha tarefa case heroica. As nosas nais afrontaron o feito da súa maternidade vendo como os seus corpos se transformaban. Loitan contra vento e marea para levar a termo o seu embarazo e poder criar aos seus fillos e fillas da mellor maneira posible sen que lles falte de nada. Son loitadoras incansables que fan dun día 30 horas sempre cun perpetuo sorriso na súa fazula.
Non deixemos que o día da Nai se volva soamente unha data comercial. Valorémolas como realmente se merecen; no mesmo grao que o amor que elas nos dan. Merécense que todos os días da súa existencia sexan especiais.
Apertas e ata a semana vindeira!



Clara María Domínguez Iglesias
2º de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-05-2020 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal