Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A CRUZ VERMELLA :157 ANOS DE ENTREGA
Como cada 8 de maio celebrouse o Día Mundial da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella, en conmemoración do nacemento de Henry Dunant, o fundador da Cruz Vermella. O seu emblema da cruz vermella sobre fondo branco é recoñecido en todo o mundo como símbolo de axuda humanitaria e adoita ser respectado en todas as circunstancias, para que poidan desenvolver o seu labor en países en conflito.
O obxectivo deste día é recoñecer o labor de voluntarios e empregados que todos os días salvan vidas, axudan aos máis desfavorecidos e cambian mentalidades. É a rede humanitaria máis grande do mundo e conta con empregados e voluntarios que desde as comunidades axudan ás persoas máis necesitadas e vulnerables do mundo, aquelas que viven en países con poucos recursos sanitarios e económicos, as que sufriron de primeira man algunha catástrofe climática ou como consecuencia de guerras, refuxiados e desprazados.
Alí onde hai que cubrir necesidades humanitarias, podemos atopar a esta organización: nos desastres naturais, participando en campañas de recollida de roupa, xoguetes, medicamentos e alimentos; na prestación de primeiros auxilios, servizos médicos e psicolóxicos; fomentando a inclusión social e o emprego en comunidades desfavorecidas... Na actualidade, puxo en marcha unha campaña chamada "Plan Responde fronte ao COVID-19", que se centra en accións de sensibilización e información da poboación.
Por todo isto a comunidade mundial debe conmemorar con orgullo que unha organización como a Cruz Vermella siga mantendo as súas actuacións por todo o mundo.



Jaime Eiriz Castro
2º de Bacharelato

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-05-2020 23:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal