Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Madrid, interior
Ante a posible parálise da actividade por mor do confinamento, artistas coma o guionista Juan Cavestany deciron crear novas películas; Madrid, interior, elaborada entre o 24 de marzo e o 24 de abril, no momento máis duro da pandemia. A pesar de non ser a única alternativa cinematográfica producida na última tempada, si é a primeira longametraxe española plantexada, rodada e acabada en corentena.

Madrid, interior, que comeza cunha cita de Dylan Thomas - "Non entres manso nesta noite tranquila" -, realizouse coa colaboración dun centenar de persoas que filmaron pequenas pezas que xuntas representan 80 minutos dun retrato do estado de ánimo durante as peores semanas da pandemia. Aparecen amigos, coñecidos, amigos de amigos, pais de alguén que coñece a alguén. E si, entre eses amigos hai celebridades. Máis Cavestany prefire non revelar todos os nomes, porque a aparición dun "supón unha gran sorpresa que quero que goce o público". E ao mesmo tempo vive con dúbidas sobre o que describe como "o dilema das caras coñecidas".

Unha mostra do mellor de Cavestany, o creador de estados de ánimo. Máis non é un documental non sobre o coronavirus, senón sobre a experiencia íntima do encerro que obviamente se transforma nunha película con momentos dramáticos e cómicos, especialmente tocados pola introspección, a espera, e ás veces o medo.



Lucía Nieto Cancho
2º de Bacharelato/nº20

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-05-2020 23:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal