Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Á horta, pero con máscara
Desde este sábado xa se pode acudir aos hortos para plantar ou coidar da colleita, tal e
como recolleu o BOE. Só quedan autorizados os traslados aos hortos para o seu
coidado e recolección cando se atopen no mesmo termo municipal ao do domicilio ou
no adxacente, é dicir, noutro que estea inmediatamente á beira. Ademais, os traballos
deben facerse de maneira individual.
Mesmo, se o horto áchase máis lonxe, pero «o consumo do produto resulte
imprescindible para atender á súa subsistencia, o que se poderá acreditar polo titular
por calquera dos medios admitidos en Dereito», si se poderá acudir.
Iso si, no caso no que no horto haxa animais que haxa que alimentar e coidar poderase
desprazar ao horto independentemente de onde se atope, mesmo se está nun termo
municipal non adxacente e afastado do domicilio do propietario dese horto.
A relaxación desta medidas, xunto co bo tempo que fai hoxe en Galicia, con
temperaturas superiores aos 20 graos, animou a que moitos galegos animásense a
acudir aos seus hortos. É o caso dun veciño do barrio de Casás, en Lugo, que con
máscara posta, acudiu ao seu horto para plantar e a preparar a terra.

O levantamento de restricións do confinamento coincide coas semanas de plantación
de alimentos de horta propios de Galicia. Aínda que nas zonas rurais xa se estivo
facendo en abril, é posible que ao longo deste mes aumenten os desprazamentos de
veciños de Lugo ás súas leiras da aldea, especialmente cando se poida circular por toda
a provincia, previsiblemente o 26 de maio.
Os concellos do rural galego prevén un incremento este ano de veciños das cidades e
vilas ás súas leiras para a plantación de pequenas colleitas para autoconsumo. Tamén
se prevé o incremento de hortos urbanos, unha modalidade que se utilizou moito
durante a crise do 2008 xa que numerosas persoas víronse no paro e tiveron máis
tempos para o coidado das parcelas. Aínda que, nesta ocasión, todo dependerá de se
se levantan restricións de confinamento e non hai rebrote do coronavirus.


Pedro Fernández Fernández
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 04-05-2020 00:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal