Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

VAISE MICHAEL ROBINSON: A VOZ INESQUECIBLE DO FUTBOL
O 28 de abril abandonounos Michael Robinson, aos 61 anos de idade e despois dunha longa loita contra o cancro. Desde que lle descubriron a enfermidade, en outubro de 2018, loitou para superala, mantendo durante meses o seu traballo como comentarista de Movistar, condutor do seu prestixioso Informe Robinson e tertuliano da SER. Pero finalmente o cancro gañou o partido. Agora xa non escoitaremos os comentarios deste simpático inglés analizando os partidos de fútbol con ese español macarrónico e xenuíno que lle identificaban. Pero Robinson é moito máis que iso, Michael foi un dianteiro clásico inglés, internacional coa selección Irlandesa e cunha longa carreira deportiva; debutou aos 17 anos no Preston North End , xogou en moitos equipos como o Mánchester City ou o Liverpool,o equipo do seu corazón, co que gañou Premier, Copa da liga e a Champions. DEspúes xogou no Quens Park Rangers e de alí veu a España, ao Osasuna, equipo ao que salvou do descenso e no que terminou a súa carreira como xogador pois os problemas no seu xeonllo dereito agraváronse.
O fútbol moderno en España non se entende sen a figura de Robinson, presente no últimas tres décadas das retransmisións futbolísticas de clubs e tamén dalgunhas fases finais de seleccións. Respectado e querido como poucos no panorama deportivo, o seu legado é incuestionable: as súas análises, o seu humor e o seu traballo en programas como Acento Robinson na SER ou Informe Robinson, elevaron a calidade das reportaxes deportivas da televisión en España. Pódese dicir que é das poucas persoas que soubo conectar con todo o mundo, sempre cun gran sentido do humor e sen facer dano a ninguén , algo que está ao alcance de moi pouca xente , pero que el conseguiu.



Jaime Eiriz Castro
2º de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 03-05-2020 22:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal