Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Transparencia na industria téxtil
O comercio da moda está a aprender de dereitos humanos. A segunda industria máis contaminante do planeta tamén é unha das máis difíciles de dar a coñecer a súa cadea de subministración.

O consumo excesivo é un dos seus grandes problemas, ao ser patrocinado polo boom da moda rápida. O desastre de abril de 2013 en Rana Plaza, un complexo de fabricación téxtil nas aforas de Bangladesh que colapsou e matou a 1.130 persoas, na súa maioría traballadores, foi o doloroso impacto que pareceu espertar a industria.

Máis o espertar téxtil acompáñase de organizacións coma Human Rights Watch, autora dun informe que inclúe a análise sobre o comportamento da industria téxtil nos últimos tres anos. E é positivo. Tanto as marcas de roupa coma de calzado, aumentaron a transparencia, a divulgación de información e fixérono de xeito dramático. Unha acción posible grazas a proxectos coma o Compromiso de transparencia de HRW, polo que esixía un estándar de transparencia total, de principio a fin, na cadea de subministración téxtil. Proxecto ao que se están a unir cada vez máis empresas.

"A transparencia non é un remedio para os abusos dos dereitos laborais, pero é esencial para unha empresa que se considere ética e sostible", dixo a asesora xurídica da división dos dereitos das mulleres, Aruna Kashyap. "Todas as marcas deberían adoptar a transparencia nas súas cadeas de subministración, pero en última instancia requírense leis que esixan a transparencia e a obrigatoria aplicación de prácticas fundamentais en materia de dereitos humanos".



Lucía Nieto Cancho
2º de Bacharelato/nº20


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 03-05-2020 22:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal