Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O comercio intenta aproveitar o tirón do Día da Nai, á espera de abrir

Mentres non chega o 11 de maio, data prevista para a reapertura de negocios, os comerciantes ourensáns apuntan ao Día da Nai co fin de reavivar as súas vendas na medida do posible. E é que aínda que sexa confinadas as nais da provincia merecen recibir o seu agasallo este domingo. Un dos sectores ao que máis se adoita recorrer para sorprender ás proxenitoras é o das florerías. «O que máis sae son os ramos variados ou só de rosas e en cuestión de plantas pídennos moitas orquídeas», explica Servando Vázquez, propietario de Chabel, na rúa Celso Emilio Ferreiro.

Comezada a crise, este ourensán e a súa muller viron marchitarse un gran pedido de flores que encargaran coa idea de vendelas durante o Día do Pai. «Volvemos a pedir flor, por primeira vez desde que comezou o estado de alarma, porque os pedidos empezan a incrementarse de cara ao domingo. Temos a sorte de traballar bastante produto nacional, especialmente de Galicia, e iso vainos a axudar á hora de provernos», admite. Os encargos poden realizarse por teléfono e entréganse a domicilio no día solicitado. «Encheunos de alegría ver que os ourensáns regalarán flores ás súas nais e estamos moi agradecidos de ver que a xente conta connosco», termina.

Paula Vázquez 1ºB nº19
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-04-2020 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal