Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A DESESCALADA PODERÍA EMPEZAR POLAS ZONAS RURAIS MENOS CASTIGADAS

«Non tería sentido que por comportamentos incívicos e insolidarios tirásemos por terra todo o esforzo que habemos feitos xuntos». Estas palabras do director de Urxencias, Fernando Simón, remarcan a posición do Goberno central no sentido de que a desescalada terá que facerse seguindo as directrices dun plan que aprobará o Consello de Ministros o vindeiro martes. O propio Pedro Sánchez anunciou onte á noite que a desescalada será gradual, por etapas e en función de cada territorio, como reclamaban as comunidades autónomas e como aconsellaban os expertos. Sánchez advertiu que haberá unas mesmas regras para toda España, aínda que as velocidades de desescalada serán diferentes en función de cada comunidade. Esa atención ás singularidades epidemiolóxicas de cada territorio é o que propón o presidente da Xunta, porque non é o mesmo Galicia que Andalucía, nin son o mesmo as cidades que as zonas rurais, como apuntan fontes do Goberno galego.

Feijoo reivindica un horizonte máis amplo, que exporá hoxe na conferencia de presidentes, e que expón ir abrindo pequenos establecementos comerciais, coas limitacións de tempo e aforamento que sexan precisas, e talleres de coches e concesionarios, por exemplo con sistemas de cita previa e garantindo sempre as medidas para evitar contaxios. Non hai datas sobre esas reaperturas, aínda que na reunión de hoxe concretaranse as condicións da desescalada.



-Paloma González González
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-04-2020 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal